jueves, 1 de agosto de 2013

homenaxe



non hai bagoas que mitiguen esta dor
nin orvallo que apague o lume da impotencia
cando a traxedia se cebou con violencia
deixando un ronzel de sangue, luto e horror

os dous mares lamben con mimo a ferida
que ese aciago día fendeu a nosa alma
e onde só se respiraba calma
Galicia chora a mares tanta vida perdida

énchesenme o corazón e o peito de orgullo
co bálsamo dos anxos que aquela xente xinxela
espallou naquel inferno coas súas alas solidarias,
facendo que en esa noite negra escura e lapidaria
brilara ainda mais luminosa a aura da miña terra